DeportesÚltima hora

As Afiadoras de Ourense, campioas galegas de fútbol gaélico mixto

O equipo ourensán gañou ao Condado na final da Copa Gallaecia disputada en Xinzo

O equipo ourensán de fútbol gaélico mixto Afiadoras foi o gran protagonista da Copa Gallaecia disputada a pasada fin de semana en Xinzo de Limia. Non só por ser o organizador, senón por conseguir o trofeo.

Nunha xornada na que participaron ao redor de 200 xogadoras e xogadoras, e como remate da tempada “nunha competición que cada ano ten máis equipos inscritos, as Afiadoras conseguiron vencer na final ao Condado, cun axustado 8-6”, explican dende o club. Disputada no Anexo do Campo de A Moreira, o derradeiro encontro decidiuse cun tanto das ourensás rozando o final do encontro.

Tal como explican dende Ourense, este triunfo “é a culminación dunha tempada exitosa neste deporte en todas as súas modalidades”, marcándose como retos, o aumento de xogadoras e xogadores e a creación da primeira escola deportiva de futbol gaélico da provincia de Ourense, “seguindo os pasos de cidades como Vigo e Santiago, que xa están a traballar en categorías base”.

 

Artigos relacionados

Back to top button