ConcellosÚltima hora

As agrupacións de Protección Civil da comarca trivesa reúnense co xefe provincial de Emerxencias

Asistentes á reunión, no exterior do Concello de Trives./ Foto: Concello da Pobra de Trives.

O xefe do Servizo Provincial de Emerxencias, Olivier Reboredo Campos, visitaba no mediodía do 22 de marzo á Pobra de Trives para manter unha xuntanza cos representantes das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Manzaneda, San Xoan de Río, Chandrexa de Queixa e Trives.

Ao encontro asistían tamén o alcalde da Pobra de Trives, Domingo Diéguez, e o concelleiro Octavio Domínguez. Na xornada abordábanse diversos asuntos e valorábase positivamente “a importancia da colaboración entre as agrupacións en diferentes operativos, xa que é un xeito de estar reforzados”, segundo se indica dende o Concello trivés.

Artigos relacionados

Back to top button