OurenseÚltima hora

As agrupacións de Protección Civil da provincia promoven unha campaña de recollida de alimentos

Os puntos de recollida localízanse nos concellos das agrupacións de Protección Civil participantes nesta iniciativa, entre as que están as de Manzaneda, A Gudiña, Baños de Molgas ou Ourense

Un total de 33 agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) da provincia ourensá están a desenvolver, a través do servizo de Emerxencias da Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, unha campaña de recollida de alimentos co obxectivo de colaborar coas familias máis necesitadas.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, acudía na mañá do 21 de decembro ao almacén que o Banco de Alimentos ten na cidade de Ourense para facerlle entrega ao presidente do Banco de Alimentos de Ourense, Cecilio Santalices, dos alimentos non perecedoiros recollidos ata o momento. Neste acto tamén estaban presentes, o xefe do servizo provincial de Emerxencias, José Olivier Reboredo Campos, así como o presidente da Asociación Provincial de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil e responsable da agrupación de Manzaneda, Clemente Pérez, así como membros de Protección Civil da Gudiña, Baños de Molgas e Ourense. Nestes días continuarán as entregas dende outras agrupacións.

 

 

Os puntos de recollida localízanse nos concellos das agrupacións de Protección Civil participantes nesta iniciativa, entre elas as de Manzaneda que se celebra por segundo ano consecutivo. O vindeiro día 3 de xaneiro realizarase a segunda entrega co material doado ao abeiro desta campaña.

Artigos relacionados

Back to top button