En portadaGalerías de fotosÚltima hora

As alfombras do Corpus visten de cor o casco antigo barquense

Ao mediodía do domingo 3 de xuño os veciños do casco antigo apuraban os últimos detalles de multitude alfombras que dende San Roque (nas proximidades da praza das Eras) ata a igrexa de San Mauro visten de cor esta zona do Barco. Eran moitas horas de traballo, un labor que comezaba coa preparación dos materiais e que se intensificaba na tarde do sábado co pintado dos deseños e, xa dende a madrugada, coa preparación das alfombras, nas que empregaban diversos materiais como serrín, sal tinguida, diferentes flores, follas e mesmo arroz ou café.

Numerosas persoas percorrían a zona para ver e fotografar esta manifestación artística xurdida do traballo dos veciños da zona e doutras parte da vila co fin de recibir a procesión do Corpus, que pasaba arredor da unha da tarde.

 

Fotos: Ángeles Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button