En portadaÚltima hora

As alfombras florais engalanarán o casco antigo do Barco o 3 de xuño

Unha veciña do casco vello do Barco traballando nunha alfombra floral o pasado ano./ Foto: A.R.

O domingo de Corpus as alfombras de flores decorarán as rúas de moitos pobos ao paso do Santísimo. O Barco de Valdeorras é un claro exemplo e na mañá do 3 de xuño o casco vello vestirase de cor para recibir á procesión que sairá ao mediodía dende a igrexa de Santa Rita.

Estes traballos corren a cargo dos veciños da zona antiga do Barco, que se afanan en escoller os deseños, facer os trazos sobre a rúa e, despois, proceder ´ elaboración das alfombras. Nas rúas do casco antigo xa poden verse carteis anunciando a data destes fermosos tapices florais.

Detalle dun dos tapices florais do Barco./ Foto: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button