ConcellosO Barco

As alfombras florais non vestirán o casco antigo do Barco neste Corpus

 

Está xa considerada case unha tradición. Con motivo da celebración relixiosa do Corpus Christi multitude de alfombras florais, elaboradas con esforzo e mimo polos veciños, acostuman vestir de cor o casco antigo barquense: dende a rúa San Roque, pasando pola Real e a Escura ata chegar á igrexa de San Mauro.

Esa fermosa imaxe non poderá verse mañá 14 de xuño como consecuencia da crise do Covid-19. Será a primeira vez en moitos anos na que se dea esta situación, xa que noutras ocasións (como sucedía no 2019), malia que o mal tempo truncaba ás veces o conxunto das alfombras, sempre se preparaban algunhas para a ocasión.

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close