ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

As amas de casa do Barco inauguran o curso cunha merenda

Xa empezaron as clases de punto canario, manualidades e restauración e en xaneiro comezarán as de cestería

A asociación de amas de casa O Teixadal, do Barco de Valdeorras, vén de inaugurar unha nova tempada de actividades. Facíao na tarde do 20 de outubro no local ubicado no Chao, cunha boa merenda a base chocolate con churros á que asistía unha trintena de socias (moitas non puderon ir por motivos persoais).

Entre os programas que levarán a cabo este curso que veñen de comezar, están as clases de punto canario que imparte Benancia Pérez os luns e os xoves; e as de manualidades e restauración, os mércores da man de Lina Silva. Ademais, de cara ao mes de xaneiro comezarán o curso de cestería impartido por Ángel Álvarez.

Entre as propostas da directiva, están tamén clases de baile de salón que se darán no caso de que se cubran as prazas (Manuel será o profesor) e unha excursión xa de cara á primavera de 2018, aínda sen concretar. Este ano 2017, alá polo mes de marzo fixeron a Ruta das Camelias, visitando Pontevedra, o Pazo de Oca e o Pazo das Saletas.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button