ConcellosEntroido 2020Última hora

As Amas de Casa do Barco celebran a súa particular Cea de Comadres

Publicidade

 

Unhas disfrazadas e outros non, pero todas con bo humor e ganas de pasalo ben, un ano máis as mulleres da Asociación de Amas de Casa O Teixadal do Barco de Valdeorras, mantivéronse fieis a cita do Entroido, celebrando na tarde do 20 de febreiro, a súa particular Cea de Comadres.

Lacón e orella cocidos, viño e de postre gran variedade de doces caseiros (orellas, flores, torrexas e torta de améndoas), foi o menú do que deron conta as asistentes. Ademais de cear, a directiva aproveitou para informar ás socias do estado das contas, así como da posibilidade de acoller un curso de cestería e da excursión que farán con motivo do Día da Muller.

Fotos cedidas

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close