ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

As amas de casa do Barco reúnense para celebrar o seu propio magosto

Ademais de castañas asadas, as asistentes degustaron chourizo cocido e doces caseiros

Apenas un mes despois da inaguración do curso de actividades, na tarde do 22 de novembro, as amas de casa do Barco de Valdeorras volvían reunirse en torno a unha merenda, desta volta para celebrar o seu particular magosto con certo retraso con respecto ao ano pasado.

Chourizos cocidos con pan, exquisitos doces caseiros e por suposto castañas asadas, conformaron o menú co que a asociación O Teixadal mantivo un ano máis a tradicional cita de tempada en pleno outono.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button