Cultura

“As andrómenas e outros contos”, unha viaxe na intrahistoria de Galicia

A presentación do libro e mailas ilustracións que o acompañan tivo lugar esta tarde no Casino de O Barco, na que participaron o coautor Avelino Jácome e o ilustrador Martínez Coello

Ás 20:00 horas desta tarde tivo lugar a presentación do libro “As andrómenas e outos contos” no Casino de O Barco, a cargo de Aurelio Blanco Trincado, o presidente do Instituto de Estudios Valdeorreses (IEV), que xunto co coautor do libro Avelino Jácome, e o ilustrador Miguel Ángel Martínez Coello protagonizaron a apertura da exposición das ilustracións incluídas na obra.

O libro recolle 32 dos 46 cadros expostos no 2º andar do Casino de O Barco, onde poderanse adquirir reproduccións identificadas polo artista, Martínez Coello, quen retocou unha a unha cada representación.

 

Portada do libro.

 

O libro, escrito a dúas mas, nace no 2013 grazas a Avelino Jácome e Manuel Blanco, dous galegos que decidiron plasmar nestas páxinas relatos de dúas vidas cun fondo común e un destino diferente. Narrada dende o punto de vista de dous nenos, recorre os andaxes, aventuras, experiencias e sentimentos que acompañaron a estes meniños ó longo da súa vida. Trátase dunha serie de 32 contos que relatan a intrahistoria galega, vivenzas coas que moitos galegos poderán sentirse identificados pola verticalidade que ofrece. Avelino, o neno emigrante, e Manuel, o neno que queda na casa nunha época chea de dificultades para a nosa terra e os galegos. Comparten a morte prematura das súas nais, expoñendo os sentimentos de temor dun pai que vése retornando a España de Venezuela cun cadáver e un neno de dous anos, atravesando Castela durante dous meses ata poder chegar a súa terriña. “Houbo que desnudarse”, conta Jácome para describir algunhas das historias máis tráxicas e emotivas recollidas na obra.

Ben é certo que a emotividade non só ven dada polo tráxico con contos que recollen as vivenzas do mundo rural como “O Liño”, “A Malla”, ou os oficios típicos en O Segador, “O Afiador”, que describen a Galicia de feira, de pulpo, de vacas, dende a ollada de dous nenos que permite ó lector a simpleza destes sentimentos nun rapaz, “cando está alegre rí, e cando está triste, simplemente chora”, explica Jácome.

Unha obra destinada a todos aqueles que quedaron, que marcharon, e que están. Con esa idea fíxose a tradución de cada un dos relatos, escritos nun galego enxebre de Lalín, ao castelán, a mans de Javier Enériz, para que puidera chegar ós emigrantes que por circunstancias perderon contacto coa lingua.

 

Unha das láminas que poden adquirirse firmadas polo artista Martínez Coello.

 

Unha lámina firmada por Martínez Coello.

Texo: Carlota Pérez de Juan Burgos

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button