PolíticaÚltima hora

As áreas de montaña na UE, dende a perspectiva da esquerda

Esta xornada, que se desenvolve os días 28 de febreiro e 1 de marzo en Becerreá, está convocada por AGE

 

Unha das sesións das xornadas nas que se deu a coñecer a experiencia de Daterra Viticultores en Manzaneda.
Unha das sesións das xornadas nas que se deu a coñecer a experiencia de Daterra Viticultores en Manzaneda.

Na mañá do 28 de febreiro comezaba na Casa de Cultura de Becerreá a xornada “As áreas de alta montaña na Unión Europea: Unha perspectiva dende a esquerda”, promovida pola deputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa(AGEe), Lídia Senra, en coordinación co Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), no que AGEe está integrada no Parlamento Europeo.

A primeira das sesión, que foi presentada polo deputado de AGE Antón Sánchez, Lídia Senra e o labrego de Pedrafita Luís López Galán, centrábase no tema “Ad Políticas de Montaña na Unión Europea, como están contempladas na PAC e como son aplicadas? “. Nela aportábanse dous casos concretos un da man da labrega austríaca Maria Vogt –sindicato Österreichische Bergbauern und Bergbäuerinnen Vereinigung (ÖBV), da Coordenadora Europea Vía Campesina (CEVC)- e o outro do labrego galego Manuel Aira.

 

Estas xornadas foron promovidas pola deputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa(AGEe), Lídia Senra, en coordinación co Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL).
Estas xornadas foron promovidas pola deputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa(AGEe), Lídia Senra, en coordinación co Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL).

Xa durante a tarde, presentábase cinco casos prácticos de proxectos produtivos activos actualmente nas areas de montaña da Galiza, e realizados en base a modelos de desenvolvemento sostíbel. Entre eles estaba o de Daterra Viticultores. promovido por Laura Lorenzo en Manzaneda. O programa completábase coa análise da situación dos servizos públicos nas áreas de montaña, un dos aspectos máis importantes nas políticas de fixación de poboación nestas zonas.

 

Unha das intervencións das sesións da tarde do 28 de febreiro.
Unha das intervencións das sesións da tarde do 28 de febreiro.

A xornada proseguirá mañá dende as 10.00hrs. ata as 14.00hrs. coa presentación de 4 novos casos prácticos e a elaboración de propostas concretas de traballo de cara ao futuro, co obxectivo de seren levadas adiante dende AGEe ao Parlamento Europeo e, en xeral, en todos aqueles espazos onda teña representación.

Artigos relacionados

Back to top button