DeportesGalerías de fotosÚltima hora

As atletas do Adas rozan o podio no galego cadete e júnior de clubs

O equipo feminino valdeorrés foi cuarto en ambas categorías neste campionato celebrado en Oleiros (A Coruña) o 5 de maio

Valdeorras segue a demostrar a súa gran calidade no atletismo. No Campionato de Galicia de Clubs cadete e junior, que se celebraba o 5 de maio en Oleiros (A Coruña), o Adas Proinor quedábase ás portas de subirse ao podio en ambas categorías.

Así en cadete as atletas valdeorresas colleitaban 143 puntos, quedando empatadas co Lucus Caixa Rural Galega, que sería, finalmente, quen se situaría na terceira posición, mentres que ao Adas lle correspondería a cuarta nunha táboa galega de 12 clubs.

Na competición júnior o Adas situábase tamén cuarto con 73,5 puntos, por baixo da Sociedade Ximnástica de Pontevedra, ganadora da cita, do At. Feminino Celta e do CA Santiago.

“Ao final quedámonos ás portas. Cuartas empatadas a puntos coas tercerras e a 1 punto do subcampionato en Sub16 mentras que no Sub20 separaráronnos uns 10 puntos”, valoran dende o Club Adas. Ademais destacan a importancia das marcas obtidas nestas probas, tanto na competición masculina como na feminina.

 

Fotos: Club Adas Proinor.

 

Artigos relacionados

Back to top button