DeportesÚltima hora

As atletas Leticia Fernández e Sandra Mosquera (Adas), no nacional absoluto de Valencia

Na cita, que se celebrará na fin de semana do 17 e 18 de febreiro, tamén competirá a valdeorresa Leticia Gil coas cores do Simply-Scorpio 71
A atleta Leticia Fernández, durante unha competición./ Foto: Carlos G. Hervella.

A pista cuberta do Palau Velodrum Luis Puig de Valencia será escenario os días 17 e 18 de febreiro do LIV Campionato de España absoluto. Entre os 27 representantes galegos na cita estarán dúas atletas do Adas Proinor. Trátase de Leticia Fernández Barbosa, con mínima para competir nos 1.500 m, cunha marca de 04:20.13, e tamén nos 3.000 m (09:21.85).

“Leticia Fernández, que acude cun magnífico estado de forma, podería colgarse a súa primeira medalla nunha final absoluta destas características xa que aspira aos podios dos 1.500 m e dos 3.000 m, onde se presenta coa terceira e segunda mellor marca da tempada respectivamente”, segundo a Federación Galega de Atletismo. Conta tamén con mínima para estar nesta competición española Sandra Mosquera nos 1.500 m, cunha marca de 04:40.47.

Ademais en Valencia estará presente na proba de salto de lonxitude a valdeorresa Leticia Gil Pérez, que competirá coas cores do Simply-Scorpio 71. Ten unha marca de 6,10.

Artigos relacionados

Back to top button