DeportesÚltima hora

As atletas Leticia Gil e Belén García, cuarta e sexta no Torneo de Federacións

Formaban parte da selección que representaba a Galicia nesta cita e que lograba un sétimo posto neste campionato celebrado en Ciudad Real

Selección galega de atletismo en Ciudad Real./ Foto: FGA.

 

Con moitas ganas e ilusión acudía a selección galega ao Campionato de España por Federacións Autonómicas, que se disputaba o 19 de setembro en Ciudad Real. Dentro do combinado galego estaban dúas atletas valdeorresas: Leticia Gil (Playas de Castellón) e Belén García (Adas do Barco).

Gil rozaba o podio do salto de lonxitude, cun cuarto posto que lle reportaba 9 puntos á selección galega e cunha marca de 5,89. Pola súa banda, Belén García situábase sexta nos 400 metros valados, cunha marca de 1:03.06.

Ademais as dúas valdeorresas participaban na proba de 4×100 mixto, xunto a Alexander Barreiro e Miguel Pérez, cunha marca de 1:02.98 e o posto 12º.

Este campionato caracterizábase polas medidas de seguridade adoptadas: ausencia de público,  mascarillas, xeles, distanciamento e a toma de temperatura constante ao longo do mesmo, tal e como destaca a Federación Galega de Atletismo (FGA).

Na cita impoñíase Castela e León, por primeira vez na historia deste torneo, mentres que Galicia ocupaba postos de finalista, “o cal, e tendo en conta os infortunios sucedidos tanto na pértega como nos 4×100 m., pódese considerar como salientable”.

 

Artigos relacionados

Back to top button