As atletas valdeorresas Eva Arias e Leticia Gil repiten vitoria na segunda xornada da liga nacional de clubs

Vencían nos 3.000 obstáculos na 1ª División e na lonxitude en División de Honra, respectivamente nas competicións celebradas na pasada fin de semana

A valdeorresa Eva Arias, competindo en Durango nos 3.000 m obstáculos./ Foto cedida.

Bo papel valdeorrés novamente na segunda xornada da Liga Nacional Nacional de Clubs de Atletismo, que se celebraba a pasada fin de semana. Especialmente destacada é a vitoria de Leticia Gil, natural de Carballeda de Valdeorras, en División de Honra na proba do salto de lonxitude, no que volvía vencer, sumando xa dúas vitorias consecutivas nesta competición. Esta atleta do Alcampo Scorpio 71 lograba unha marca de 6.23 en Andúxar.

Triunfo tamén, por segunda xornada consecutiva, para a vilamartinesa Eva Arias (Sociedade Ximnástica de Pontevedra) xa na 1ª División nos 3.000 m obstáculos, cun tempo de 11:13.09. Ademais o seu club clasificábase terceiro nesta cita, que tiña lugar en Durango.

Por outra banda, o barquense Carlos Revuelta (A.D. Maratón) subíase ao podio na proba de martelo (7,260 kg), ao quedar terceiro cunha marca de 58.34 m en Valencia. Menos sorte tivo o tamén atleta do Barco, Luis Fernando Moro (Alcampo Scorpio 71), que se situaba quinto no salto de pértega en Zaragoza. Ambos competían na División de Honra.

Finalmente, o marchador barquense José Fernández Nieves (R. C. Celta) entraba de terceiro nos 5.000 m marcha en pista na liga de clubs de primeira división masculina en Lleida. Completaba o percorrido nun tempo de 22:02.07.

 

 

 

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies