ConcellosSoberÚltima hora

As Auxiliares de Axuda a Domicilio de Sober fórmanse na prevención da violencia machista

O Concello organizou catro charlas informativas nunha acción cofinanciada polo Fondo Social Europeo e polo Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero

Priemeira charla para previr a violencia machista, en Sober./ Foto: Concello de Sober.

 

Cada día centos de mulleres maiores sofren abuso psicolóxico, físico, económico ou sexual. Tendo en conta a súa idade, presentan un grao de dependencia xeralmente maior, son máis vulnerables e atópanse nun maior risco de abuso, neglixencia, chantaxe, abandono, falta de seguridade,… Para loitar contra esta lacra, e co obxectivo de crear conciencia social sobre a vulnerabilidade e os riscos aos que se enfrontan as mulleres maiores emerxe ‘Lentes Lilas’.

 

Auxiliares de Axuda ao Fogar asistentes á charla./ Foto: Concello de Sober.

 

Trátase dun proxecto co que se pretende “aumentar o coñecemento e a sensibilización sobre o fenómeno da violencia de xénero contra as mulleres maiores e resaltar as necesidades e dificultades específicas que presenta este tipo de maltrato co fin de provelas de maior protección en situacións de abuso, promover accións preventivas fronte a situacións de risco e facer as súas vidas diarias máis seguras”, explican dende o Concello de Sober. De feito, o ente local  vén de poñer en marcha unha programación informativa e formativa que consta de catro sesións impartidas pola educadora social Selene Arias coa finalidade de “dotar ás Auxiliares de Axuda no Fogar de ferramentas que as capaciten para a detección e identificación de situacións de violencia cara as mulleres no marco do seu ámbito de actuación”. Dar este paso implica que “as profesionais sexan quen de saber cal é o mellor xeito de intervir e proceder ante esta problemática”, puntualizan dende o Concello.

A primeira das catro charlas tiña lugar este martes 22 de setembro, no marco dunha acción cofinanciada polo Fondo Social Europeo e polo Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero. Son impartidas pola

Artigos relacionados

Back to top button
Close