Os coletazos de Filomena deixanse sentir en Valdeorras. Nesta zona a borrasca invernal non deixou neve pero si temperaturas moi baixas e humidade que están provocando peculiares fenómenos atmosféricos.
É o caso do que se producía no Barco na madrugada deste sábado 9 de xaneiro, máis acusado nalgunhas rúas da vila como a Conde Fenosa dende o colexio Julio Gurriarán ata a Estación, ou a Eulogio Fernández dende o Hospital, incluíndo outras como a Castelao… que amencían cubertas cunha capa branca semellante á neve.
Dende primeira hora da mañá servizos municipais espallaban sal para evitar a formación de xeo en beirarrúas e estradas.
Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella