ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

As barcas surcan o río Sil

Na mañá do 2 de agosto, O Barco celebrou a romaría da Virxe da Barca, no Salgueiral

Un ano máis as barcas do Sil eran as protagonistas o primeiro domingo de agosto. Pasadas as 13h. do día 2, media ducia de embarcacións (barcas e tamén piraguas) restauradas e engalanadas, participaban na procesión polo río Sil ao seu paso polo Barco de Valdeorras, encabezada pola imaxe da Virxe.

Tralo percorrido augas abaixo dende a ponte de San Fernando, a imaxe da Virxe da Barca era trasladada ata a área recreatica do Salgueiral onde tiña lugar a eucaristía e o posterior xantar ao aire libre.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button