Galerías de fotosÚltima hora

As barcas surcaron as augas do Sil

A romaría da Virxe da Barca incluía procesión fluvial, misa e xantar

Un ano máis, o primeiro domingo de agosto, as barcas tradicionais volvían surcar as augas do Sil ao seu paso polo Barco de Valdeorras. Foi no marco da romaría da Virxe da Barca na mañá do 3 de agosto, cun percorrido que levaba ás embarcacións participantes (barcas e tamén piraguas) dende a ponte de San Fernando ata a área recreativa do Salgueiral, onde continuaba a procesión a pé coa Virxe da Barca ata o espazo no que se celebraba a misa campestre e o posterior xantar e baile.

Como anécdota, cabe sinalar que durante a procesión fluvial, unha das barcas envorcaba, tirando á auga aos seus ocupantes que non sufrían máis dano que unha pequena molladura.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button