EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

As boas prácticas do marketing do viño, analizadas en Verín

Un cento de persoas participaban nesta xornada formativa promovida pola Evega
Ponentes da xornada sobre marketing no viño celebrada en Verín.
Ponentes da xornada sobre marketing no viño celebrada en Verín.

A Casa da Cultura de Verín convertíase na mañá do 13 de novembro en escenario da “Xornada Boas Prácticas no Marketing do Viño”, que reunía a un cento de profesionais. A través do seu programa pretendíase destacar a importancia do marketing no mercado do viño, e, neste senso, abordáronse as bases dunha estratexia de posicionamento do produto no mercado, con exposición de casos prácticos de éxito.

O encontro estructurouse en diversos bloques temáticos. No primeiro deles incidiuse na comprensión do mercado e contou coas intervencións de José Antonio Fraiz Brea, especialista en comercialización e investigación de mercados da Universidade de Vigo, e de Juan Antonio Vázquez Gancedo, director xeral de Martín Códax. Ademais Dionisio Oseira, director do Proxecto Maleta Hand Wines, centrouse na análise de Internet como canle de venta de produto.

Outro dos ámbitos tratados foi o do enoturismo cunha ponencia a cargo de María del Carmen Pita Urgoiti, directora de Promoción e Turismo da Xunta de Galicia, que destacaba a importancia que adquire o turismo na estratexia de venta. O derradeiro bloque do programa adicábase á imaxe corporativa, á importancia do deseño e ao packaging. Neste caso o relator era Manuel Leza Rodríguez, xefe do departamento de deseño da empresa Coreti.

Asistentes á xornada, celebrada na Casa da Cultura de Verín.
Asistentes á xornada, celebrada na Casa da Cultura de Verín.

O programa da xornada completábase cunha mesa redonda na que participaban todos os ponentes. Logo o director da Evega, entidade organizadora, o tenente de alcalde do Concello de Verín e o presidente do CRDO Monterrei (ambos organismos colaboradores coa iniciativa) clausuraban o acto.

Artigos relacionados

Back to top button