ConcellosÚltima hora

As brigadas forestais da Xunta establecen a súa base no concello da Pobra de Trives

Dende o día 22 de xullo os axentes protexen as terras de Trives, San Xoán de Río, Manzaneda e Chandrexa de Queixa
Axentes forestais traballando no monte.

Que a unión fai a forza é un dito popular aplicable a practicamente todos os aspectos da vida. Neste caso ao que atinxe aos concellos da comarca trivesa en prevención e extinción de incendios forestais.

En plena campaña estival e tras diversas reunións nas que os alcaldes da Pobra de Trives, Manzaneda e San Xoán de Río esixiron conxuntamente que as brigadas forestais da Xunta de Galicia “permaneceran na Pobra de Trives”, finalmente o pasado 17 de xullo obtiñan a confirmación esperada: as brigadas establecerían a súa base neste municipio ourensán. Unha nova que era acollida con gran satisfacción xa que no noutro caso, “esta comarca carecería de capacidade suficiente para facer fronte aos incendios nunha zona especialmente castigada e de risco”, aseguran dende o Concello de Trives.

Así, desde o 22 de xullo, os axentes forestais protexen xa as terras de Trives, San Xoán de Río, Manzaneda e Chandrexa de Queixa. Mais, non conformes con esta medida, desde a corporación municipal da Pobra de Trives iniciáronse xa as xestións para “o asentamento en Trives dun gran centro de emerxencias”, no que se incluiría entre outras a base dos forestais. “Un centro adecuado ás necesidades e correcto descanso dos traballadores que son, entre outros axentes, garantes da nosa seguridade e da do noso territorio nesta materia”, conclúen dende o Concello.

Artigos relacionados

Back to top button