DeportesÚltima hora

As cadetes do CV Ribeira Sacra participarán no campionato de España que se celebrará en xuño en Castellón

O Club Voleibol Ribeira Sacra, do que forman parte varias xogadoras quiroguesas (entre elas Carolina Camino), non deixa de dar boas novas. Despois de lograr o subcampionato galego, a Federación Galega de Voleibol vén de confirmar a presenza do equipo cadete no campionato de España que se celebrará do 13 ao 17 de xuño en Castellón.

As xogadoras do CV Ribeira Sacra, a maioría cadetes de primeiro ano, acompañarán ás do Calasancias que quedaron no primerio posto no campionato galego celebrado a finais de abril en Monforte.

Artigos relacionados

Back to top button