En portadaOurenseÚltima hora

As Cantareiras da Seitura de Lentellais (O Bolo), homenaxeadas pola Real Banda de Gaitas

Será no marco do seu tradicional concerto de Nadal, que se celebrará o 27 de decembro na igrexa de Larouco
As Cantareiras da Seitura de Lentellais (O Bolo)./ Foto: Carlos G. Hervella.

A Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense ofrecerá o seu tradicional concerto de Nadal o día 27 de decembro, ás 18.30 horas, na Igrexa de Larouco, en homenaxe ás Canteiras da Seitura de Lentellais do Bolo. A presentación deste evento musical tivo lugar na mañá do 18 de decembro no Pazo Provincial. Neste participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o director da Real Banda de Gaitas, Xosé Lois Foxo; o cantautor, Emilio Rúa; o alcalde de Larouco, Joaquín Prieto; e da delegación episcopal para a Vida Consagrada, Jorge Juan Pérez.

O vicepresidente do goberno provincial destacou o labor que realiza a Real Banda de Gaitas “espallando a nosa música por diferentes municipios da nosa provincia nestas datas tan sinaladas”, e tamén salientou o papel que exerce a Real como “embaixadora da cultura de Ourense e de Galicia” e a súa “defensa polas nosas tradicións”.

No concerto tamén participarán a gaiteira procedente de Irán, Liana Sharifian; o cantautor ourensán Emilio Rúa; e a Escola de Gaitas do Concello do Bolo. Nesta ocasión, as homenaxeadas serán as Cantareiras da Seitura de Lentellais do municipio do Bolo, “Antonia Fernández Prieto, Jacinta Prieto Alonso e Asunción Fernández Cueto, recibirán a medalla de ouro da Real Banda de Gaitas, por manter a nosa cultura no rural”, explicou Xosé Lois Foxo.

 

Acto de presentación do Concerto de Nadal da Real Banda de Gaitas da Deputación.

 

Este evento musical, que leva a realizarse 33 anos, xa pasou polos municipios do Carballiño, Ourense, Xunqueira de Ambía, Celanova, entre outros concellos, e nesta ocasión “queremos levalo ao mundo rural, en concreto, á Igrexa de Larouco que é a catedral de Valdeorras”, explicou o director da Real Banda de Gaitas.

Pola súa parte, o alcalde de Larouco dixo que para o seu municipio é un “orgullo acoller este converto, porque a Real é un símbolo máis da ourensanía que traspasa as fronteiras” e convidou a tódolos ourensáns “a sumarse a esta celebración”. Así mesmo, Jorge Juan Pérez manifestou o pracer da Delegación de poder colaborar coa Real Banda de Gaitas “que nos permite trasladar a mensaxe do Nadal e achegala a través do marco incomparable deste concerto”.

O cantautor Emilio Rúa dixo tamén que se trataba da primeira vez que ía a actuar en Larouco e que interpretaría dúas fermosas cancións. Ao remate da presentación actuaron as cantareiras da Real Banda de Gaitas.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close