En portadaÚltima hora

As canteiras da lousa paran a súa actividade pola crise do coronavirus

A decisión tomábase por unanimidade nunha xuntanza da Federación Nacional da Pizarra celebrada na tarde deste mércores

Foto: Carlos G. Hervella.

 

Por terceira vez en apenas unha semana os membros da Federación Nacional da Pizarra volvían xuntarse neste mércores para analizar a situación na lousa ante a crise do coronavirus. No encontro os asistentes acordaban, por unanimidade, “suspender os traballos no sector; pero pensando en que nun corto espazo de tempo teremos que volver ás nosas fábricas e queremos que isto sexa viable para todos”.

Tamén se asegura dende a federación que as decisións do sector “sempre se tomaron pensando na saúde e benestar dos traballadores e no mantemento e na conservación do emprego no futuro”.

Ademais os membros desta entidade empresarial felicitan “publicamente a todos os traballadores do sector, que se sacrificaron mentres as circunstancias non nos permitían outra solución que non fora a de traballar e que souberon tomar decisións difíciles, que esperamos contribúan a deixarnos un futuro o máis prometedor posible para todos”.

Artigos relacionados

Back to top button