EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

As catas para as Distincións Gallaecia 2019 chegan á D.O. Monterrei

O equipo de cata valoraba 48 viños desta denominación, 26 brancos e 22 tintos

 

A sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei, en Verín, convertíase en escenario na mañá do 8 de xullo da cata previa que cada ano organiza a Asociación de Sumilleres de Galicia Gallaecia e cara a entregar as súas distincións.

O equipo de cata estaba conformado por un total de 15 catadores, entre os que se encontraban enólogos, sumilleres, ademais de integrantes do panel de cata do C.R.D.O. Monterrei. En total valoraban 48 viños da denominación, 26 brancos e 22 tintos.

Despois da cata, o tesoureiro da asociación, Pedro T. Sestayo, facía unha valoración das mostras valoradas polo equipo, manifestando que no referente ao brancos, dende Gallaecia destácase “a frescura, perfís distintos e todos cunha alta calidade”. Sobre os tintos apuntaba que “son moi froitais, redondos en boca, marcando territorio, e os barrica están moi traballados”.

A cata, á que tamén asistía a presidenta do Consello Regulador da D.O. Monterrei, Lara Da Silva, serviu ademais ppara elaborar a Guía de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia 2020, que coordina Luis Paadín.

 

Artigos relacionados

Back to top button