EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

As catas previas para as Distincións Gallaecia chegan á D.O. Ribeira Sacra

Un total de 13 catadores veñen de puntuar un total de 96 mostras desta denominación de orixe

Continúan as visitas dos catadores da Asociación de Sumilleres Gallaecia ás denominacións de orixe galegas. Tras pasar por Valdeorras e Monterrei, o 15 de xullo achegábanse ata Monforte á sede do Consello Regulador da Ribeira Sacra onde valoraban 96 mostras de 26 adegas, 64 de tintos, 27 de brancos e 5 rosados. Os viños pertencían ás añadas 2014, 2015, 2016, 2017 e 2018.

En total participaban 13 catadores distribuídos en dous paneis de cata, que analizaban “viños de mercado”, adquiridos directamente en tendas. Tras a cata, o presidente da Asociación de Sumilleres Gallaecia, Aurelio Vázquez, destacaba sobre a anada 2018 na D.O. Ribeira Sacra que “son viños moi frescos, con moito equilibrio. A verdade é que me gustaron moito, tanto en tintos como en brancos, e os rosados, que se presentan como novidade son sorprendentes, moi ricos. Vaise notando nos viños a incorporación doutras variedades e iso failles gañar en complexidade, algo que pode faltar noutras Denominacións. A maiores, estes viños sempre se caracterizan pola súa tipicidade, esas particularidades que teñen segundo a subzona da que proveñan.”

Os viños mellor puntuados pasarán á cata final das Distincións Gallaecia que acostuma celebrarse en setembro. Estas catas serven ademais para elaborar a “Guía de Viños, Destilados e Adegas de Galicia 2020” que dirixe Luís Paadín.

Artigos relacionados

Back to top button