ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

As cen primaveras de Asunción Cruz Rodríguez

Esta barquense celebraba o seu centenario o 22 de maio, día de Santa Rita

Con moita alegría vivía Asunción Cruz Rodríguez o seu 100 aniversario. E non é para menos xa que non todos os días se celebra o século de vida, e menos cun aspecto tan fantástico como o que ela ten, coincidindo ademais coa festividade de Santa Rita.

Ese día, 22 de maio, boa parte da súa familia e moitos veciños e amigos, entre eles o alcalde do Barco Alfredo García, sorprendíana cunha bonita felicitación.

Asunción é natural do Barco de Valdeorras e ten tres fillos (Rafael, Teresa e Elena, esta última casada con Herminio); dous netos (Juan Carlos casado con Mª Carmen e Patricia); e dous bisnetos (Carlos e Noelia), a maioría presente na celebración, así como a súa irmá Raquel e a súa cuñada Milucha.

 

Asunción Cruz Rodríguez soplando as velas.

 

Asunción coa súa irmá Raquel.

Fotos: Foto Rufino.

Artigos relacionados

Back to top button