ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

As cen primaveras de Josefa Rodríguez de Celavente (O Bolo)

Celebraba o centenario xunto á súa familia cun xantar no restaurante Peyma da Rúa

Non todos os días se cumpren cen anos, nin todo o mundo pode presumir de chegar en tan bo estado físico e mental ao centenario. Por iso, a familia de Josefa Rodríguez Domínguez quixo reunirse e celebrar, cun xantar, tan significativo aniversario.

Natural de Celavente (O Bolo), Josefa estivo casada con Carlos Vázquez Marroquín, tamén de Celavente, e ten sete fillos (Néstor, Engracia, Carlos, Fernando, Raúl, Josefa e Esther), trece netos e once bisnetos, espallados por diferentes puntos de España: León, Ponferrada, Madrid, Barcelona e Vigo. E case todos, ademais de parentes máis lonxanos, asistían ao xantar celebrado no mediodía do 10 de febreiro (o seu aniversario foi o día 5) no restaurante Peyma da Rúa.

O alcalde e o médico de O Bolo, Manuel Corzo e Manuel Rionegro, tamén se quixeron unir á celebración, agasallando á centenaria cun ramo de flores e unha placa conmemorativa. A familia, pola súa banda, entregábanlle outra placa á emocionada e lúcida homenaxeada.

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button