EconomíaEconomíaEn portadaÚltima horaViticultura

As chuvias retrasan o inicio da vendima na D.O. Valdeorras

Godeval, a primeira en solicitar o inicio de campaña no consello regulador, prevé empezar a recollida o 24 de agosto

 

Acostuma ser unha das primeiras adegas en realizar a vendima na Denominación de Orixe Valdeorras. E todo indica, se non hai cambios de última hora, que de novo a Adega Godeval (Xagoaza, O Barco) abrirá a campaña este ano.

Pero será uns días máis tarde do inicialmente previsto. Así a recollida da uva desta adega barquense proxecta iniciarse o vindeiro 24 de agosto, se ben inicialmente a súa intención era principiar o día 20. Será a vendima número 34 de Godeval e dará comeno o vindeiro luns, despois de varios días nos que se están realizando controis de maduración”, tal e como informa a propia adega.

Godeval ten todo listo para dar comezo á recollida da uva “nunha colleita precoz, motivada por unha brotación da viña moi temperá, orixinando un adianto significativo do ciclo vexetativo. Esta será a vendimia máis precoz despois de que no 2015 se iniciara a recollida un 25 de agosto. Con respecto aao ano pasado vén con 10 días de adianto”, destaca Godeval.

Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button