OurenseÚltima hora

As cidades do Eixo Atlántico ofrécense a acoller refuxiados da guerra de Ucraína

A presidenta do Eixo Atlántico, Lara Méndez.

 

“A situación de crise humanitaria provocada pola invasión de Rusia a Ucrania afecta de xeito grave e directa á poboación civil. Ante esta situación, o Eixo Atlántico deu unha resposta coordinada ofrecéndose para a acollida de refuxiados na medida das posibilidades de cada unha das cidades”, así o vén de anunciar esta entidade transfronteiriza (da que forman parte concellos como O Barco, O Barco e Ourense ademais da Deputación de Ourense).

Ata o mediodía de hoxe, mércores 2 de marzo, 22 cidades manifestaron a súa dispoñibilidade para a acollida, si ben, a Secretaría Xeral do Eixo Atlántico prevé que aínda poidan ofrecerse máis cidades dado que esta semana foi anómala por causa do Entroido, tanto en Portugal como en Galicia.

En moitas das cidades galegas e do norte de Portugal vive un elevado número de ciudadáns ucraína, perfectamente integrada polo que se priorizarán os reagrupamentos familiares.

Dende o Eixo Atlántico, según anunciou a súa presidenta, Lara Méndez, esta mañá nunha conferencia de prensa virtual, contactarase hoxe mesmo coas embaixadas de Ucraína, en Portugal e en España, así como co presidente do Gobierno de España, Pedro Sánchez, e co primeiro ministro de Portugal, António Costa, para trasladarlles a disposición das cidades con capacidade para acoller refuxiados.

“Se xa no pasado, as cidades do Eixo Atlántico exerceron a solidariedade dos seus ciudadáns noutras crises humanitarias, a rapidez coa que se están sucedendo os acontecementos, a intolerable acción de Rusia e o elevado número de refuxiados que están fuxindo de Ucraína en menos de unha semana de conflito, fixeron preciso que as cidades europeas responderan rapidamente para evitar o colapso dos servizos nos países limítrofes que se están prestando a iso”, sinala o Eixo.

Por iso, dende o Eixo Atlántico tamén se pediu “ás nosas cidades que en todos os foros que participen fagan unha chamada á solidariedade dos concellos e cidadáns para acoller”, engade esta organización.

Artigos relacionados

Back to top button