Galerías de fotosSanidadeÚltima hora

As claves da lactancia materna, nunha charla no Barco

Esta acción divulgativa ten sido impartida pola Asociación De Nai a Nai

O funcionamiento e a composición do leite materno, a conexión especial entre nai e fillo cando lle dá o peito ou os signos que indican que o bebé está mamando de maneira óptima. Son algunhas das cuestións que se abordaban no decurso da charla-coloquio sobre preparación á lactancia materna que Lorena Prada, presidenta de De Nai a Nai (asociación barquense de apoio á lactancia materna e á crianza con apego), impartía na tarde do 23 de maio no local da asociación.

Na súa intervención tamén botaba por terra certos mitos e ofrecía recursos para resolver os problemas máis frecuentes nos inicios da lactancia. Falaba das posicións para amamantar, así como da importancia do papel do pai e do entorno “en relación co éxito e duración da lactancia materna”.

Fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button