ConcellosEntroido 2020Galerías de fotosÚltima hora

As “Comadres” de Vilamartín reúnense no Centro Sociocultural Santa Lucía

Medio cento de mulleres celebraron o Xoves de Comadres cunha cea e festa de disfraces

 

O Centro Sociocultural Santa Lucía foi o lugar elixido para a celebración do Xoves de Comadres en Vilamartín de Valdeorras. Aslí, medio cento de mulleres reuníanse na noite do 20 de febreiro para degustar un menú a base de empanada, entremeses e lacón con grelos.

Todas ou polo menos a maioria disfrazadas, desfrutaron dunha agradable e divertida velada (había un “home” moi salido que ía perseguindo ás mulleres) coa que dan a benvida aos días centrais do Entroido nesta localidade valdeorresa.

Despois do desfile de folións e da cea de comadres, a seguinte cita será o sábado, co desfile de de disfraces e comparsas organizado polo Concello, con saída ás 17:30h. dende a Rodeleira.

Fotos: Mónica G. Bellver

 

Artigos relacionados

Back to top button