SanidadeÚltima hora

As comarcas de Caldelas e Trives únense contra a supresión do servizo de pediatría no verán

Na posterior reunión mantida polos rexedores dos oito concellos afectados acordouse como primeira medida pedir unha reunión co conselleiro de Benestar, vicepresidente ou presidente da Xunta de Galicia

A través dunha concentración celebrada na mañá do 24 de xullo xunto ao Centro Saúde de Castro Caldelas, veciños e alcaldes das comarcas de Caldelas e Terras de Trives reividicaban que a atención pediátrica “é un servizo esencial básico para as nosas crianzas”.

Neste acto pedíase que “se repoña o servizo de pediatría neste centro e no centro de saúde de Trives que atenden entre os dous aos concellos da Comarca de Caldelas (Castro Caldelas, Montederramo, A Teixeira, Chandrexa de Queixa e Parada do Sil) e da Comarca de Trives (A Pobra de Trives, Manzaneda e San Xoan de Río)”.

Na concentración contábase coa presenza dos alcaldes e alcaldesas dos concellos afectados que amosaban o seu apoio e a súa colaboración “para emprender as medidas necesarias para que o servizo de pediatria volva a funcionar con normalidade” nos citados centros de saúde.

Na posterior reunión mantida polos rexedores dos oito concellos acordouse como primeira medida unha reunión a través da delegada da Xunta en Ourense co conselleiro de Benestar, Vicepresidente ou presidente da Xunta de Galicia “para acadar unha solución e manter o funcionamento ordinario deste servizo. Se as reivindicacións non se garantizan comezarnse as accións de presión necesarias para o seu mantemento co apoio dos afectados pola supresión da asistencia pediátrica. A reunión debe ser acordada de xeito inmediato para garantir a continuidade deste servizo básico para as crianzas e así fixar poboación e poder seguir traballando a prol do desenvolvemento do rural nestas comarcas”, segundo se informa dende o Concello de Castro Caldelas.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button