En portadaGalerías de fotosÚltima hora

As comarcas de Valdeorras, Trives e Viana promociónanse en Xantar

Hoxe, 6 de xaneiro, preséntase o Entroido de Viana do Bolo e a 50 Festa da Androlla

 

Estreitando os lazos de cooperación transfronteriza entre as dúas áreas da Eurorrexión, abría as portas a 21ª edición de Xantar na mañana do 5 de febreiro en Expourense. O interese de Galicia polo turista portugués e viceversa, foi un dos fíos condutores do acto inaugural da feria internacional de turismo gastronómico. Un acto presidido polo conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, acompañado pola secretaria de Estado de Turismo de Portugal, Rita Marques; polo presidente da Deputación Provincial de Ourense, Manuel Baltar; da concelleira de Turismo de Ourense, Flora Moure; do presidente de Turismo Porto e Norte, Luis Pedro Martins; do presidente do Clúster de Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal; e do vicepresidente executivo de Expourense, Jorge Pumar. “Xantar contribúe ademais a posicionar internacionalmente o potencial enogastronómico de Galicia, un sector convertido nun importante motor de desenvolvemento da economía da comunidade”, indicou o conselleiro na súa intervención engadindo ademais que “ten unha gran capacidade para diversificar e desestacionalizar a nosa oferta turística”.

 

Autoridades brindando na xornada inaugural de Xantar.

 

Arrancaban así cinco días nos que Ourense se converte no epicentro da enogastronomía peninsular e na ponte gastronómico con América Latina, xa que destaca a presenza en feira de delegacións de profesionais de países como Costa Rica ou Perú. Xunto á cooperación transfronteriza e a posta en valor da enogastronomía como dinamizador económico, a Ribeira Sacra foi a outra gran protagonista do día como forma de apoio á candidatura a Patrimonio Mundial da Humanidad da UNESCO.

 

O conselleiro de Cultura Román Rodríguez, na inauguración.

 

Na xornada inaugural arrancou tamén o XV Encontro Internacional sobre Dieta e Saúde que ofrece máis de 150 experiencias enogastronómicas. Entre as celebradas hoyonte destacan o obradoiro de Experiencias de Calidade de Galicia impartido polol chef ourensán Miguel González, os organizados pola Consellería do Mar sobre pesca artesanal r sobre o Bonito de Burela, os impartidos por Anxo Trives de Cociña Ourense ou por Rubén Silva, o ganador de Masterchef en Portugal.

 

Cortando xamón en Xantar.

 

Esta primera xornada concluía coa celebración da Noite do Deporte na que participaba o secretario xeral para o Deporte, Ramón Lete, para presentar a vindeira edición de Sportur Galicia, IV Salón del Deporte e Turismo que se celebrará en Expourense.

Os 15 restaurantes de Xantar 2020 comenzaron tamén a servir os primeiros menús desta edición rexistrando un bo nivel de afluencia na primeira xornada. Con respecto aos expositores, a nivel turístico e propmocionar, participan nesta e edición os concellos do Barco de Valdeorras, A Pobra de Trives, Vilariño de Conso, Viana do Bolo e A Veiga, entre outros. Hoxe, é o día de Viana do Bolo coa presentación e promoción do Entroido e da 50 Festa da Androlla.

 

A concelleira de Comercio e Turismo do Barco Irene Dacal (esquerda) no expositor do concello.

 

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button