En portadaÚltima hora

As “comparsas” e as disputas, nas II Xornadas do Entrudio de Viana

O investigador vianés Pedro Basalo será un dos ponentes deste encontro, previsto para a tarde do sábado 7 de decembro

“Comparsa” e disputas en Caldesiños (VIana do Bolo)./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Casa da Cultura de Viana do Bolo acollerá a partir das 18h. do vindeiro 7 de decembro as “II Xornadas do Entrudio”. A súa apertura correrá a cargo de Jorge Domínguez, presidente da Asociación Robreda e da Asociación Fulións Rurais de Viana.

Despois terá lugar a presentación da exposición “Viaxe polo mundo da máscara” e un relatorio sobre “As mulleres no Entroido” por parte da fotógrafa Mercedes Vázquez. Xa ás sete da tarde terá lugar unha interesante conferencia plenaria titulada “As comparsas e as disputas do Entrudio vianés do século XX”, impartida polo investigador Pedro Basalo, tamén membro da Asociación Robreda.

Estas xornadas sobre o Entrudio serán promovidas pola Asociación Cultura Robreda e pola Asociación Fulións Rurais de Viana do Bolo. A primeira edición das mesmas celebrábase en decembro de 2017.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close