CulturaCulturaÚltima hora

As Comparsas, na canle de Youtube “Entrudio Viana do Bolo”

 

Entre as actividades que se teñen previsto desenvolver dende os fulións e comparsas de Viana do Bolo para compartir, a través das redes sociais e de internet, este Entroido tan inusual están as emisións de vídeos a través da canle de Youtube “Entrudio Viana do Bolo”.

Unha das primeiras emisión será a dunha montaxe dedicada ás antigas Comparsas que en tempos percorrían durante todo o Entroido numerosas aldeas de municipio para levarlles o espírito desta festa en forma de música, disputas e moito humor. Estas Comparsas eran recuperadas hai dous anos con moito esforzo e ilusión.

Esta montaxe é obra de A. Ortiz e esta feita sobre o labor realizado polo grupo de traballo do Entrudio de Viana do Bolo. Poderá verse do 11 ao 16 de febreiro.

Artigos relacionados

Back to top button