ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

As comparsas e os folións enchen de cor e son o pavillón da Rúa

A chuvia obrigaba a trasladar o desfile de Entroido ao interior do recinto deportivo

Non é a primeira vez que o mal tempo obriga a cambiar de ubicación o desfile de Entroido na Rúa. O ano pasado a chuvia comezaba a caer na recta final do percorrido, pero este ano a climatoloxía adversa durante todo o día obrigaba ao Concello a trasladar o defile de comparsas do Martes de Entroido ata o pavillón.

Alí, ás catro e media da tarde comezaba a festa na que participaron quince agrupacións, doce comparsas e tres folións que encheron de cor, fantasía e son o recinto deportivo. O primeiro foi o Folión de Buxán, despois VillaSreck, CEIP Manuel Respino, Oktoberfest, Os Arrieiros, Hospital Cosme, Reinas de Corazones, A Granxa, Ponte de Ferro, Orgullo A Rúa, Monstruos SA, Focochas hippies, ET non é, Os negritos de Ruada e o Folión de Petín.

O broche musical poñíao a charanga Terras do Bibei.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button