EconomíaEconomíaÚltima hora

As compras en Ourense teñen premio

Chega á cidade a campaña de dinamización comercial que promove a Dirección Xeral de Comercio
Presentación desta campaña do comercio en Ourense.
Presentación desta campaña do comercio en Ourense.

Entre os días 22 de setembro e 2 de outubro desenvolverase en Ourense a campaña “As compras na túa vila teñen premio”, unha iniciativa que se está a desenvolver en diferentes puntos de Galicia e coa que se pretende dinamizar o consumo nas vilas. Esta iniciativa, que repartirá entre os clientes do comercio de Ourense 4.000 euros en premios, está organizada pola Federación Galega de Comercio, en colaboración coa Consellería de Economía e Industria (Dirección Xeral de Comercio) e Abanca.

Os clientes do comercio ourensán que participen na campaña deberán presentar os seus tíckets de compra na carpa situada na rúa do Paseo ou ás promotoras que se atoparán polas rúas da cidade, que lles entregarán boletos de participación para o sorteo final que terá lugar o xoves, 2 de outubro, dentro do programa dunha festa de peche que contará con actuacións para nenos e adultos.

Neste acto, que se celebrará ese día ás 20 horas, sortearanse 5 tarxetas regalo de 300 euros e outras 25 por valor de 100 euros, e os posuidores dos boletos deberán estar presentes para converterse en gañadores.

A presentación oficial desta iniciativa realizábase na mañá do 22 de setembro nunha carpa instalada na citada rúa Paseo da cidade de Ourense a cargo dos presidentes da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e da Federación de Comercio de Ourense, Aurelio Gómez; da Directora Xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal; do alcalde de Ourense, Agustín Fernández; da concelleira de Comercio, Juana Ageitos; e de representantes de Abanca.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close