ConcellosÚltima hora

As Covas de Seadur, punto de encontro neste Sábado Santo

É unha das citas ineludibles en Valdeorras cada Sábado Santo dende hai xa quince anos. A partires das 18:30h. do 31 de marzo unha vintena de Covas de Seadur (Larouco) abrirán as súas portas ao público, que accederá cun donativo de 12 euros no caso dos adultos e de 6 euros para os nenos de 7-12 anos. Os asistentes recibirán unha cunca de barro para degustar viño e refrescos en cada unha das adegas, onde tamén se servirán diversos e saborosos pinchos, tanto quentes como fríos, doces e salgados.

Ademais no decurso deste camiño soará a música da man de Ouruxobruxo e da Charanga Nova Terras de Trives. Xusto antes do peche das covas (ás 22:30h.), repartirase bica e logo a festa trasladarase á explanada, onde se instalará unha carpa e continuará a celebración ata a madrugada co Dj Anima Fiestas.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button