ConcellosÚltima hora

As covas, reclamo do turismo enolóxico

Unha data sinalada para todos os amantes dos viños de Valdeorras
Na entrada dunha das covas /Foto: Carlos G. Hervella
Na entrada dunha das covas /Foto: Carlos G. Hervella
Un grupo durante a ruta/Foto: Carlos G. Hervella
Un grupo durante a ruta/Foto: Carlos G. Hervella
O responsable de turismo de Ourense e a alcaldesa de Vilamartín entrevistados por Miguel Gómez/Foto: Carlos G. Hervella
O responsable de turismo de Ourense e a alcaldesa de Vilamartín entrevistados por Miguel Gómez/Foto: Carlos G. Hervella
Collendo as entradas para comezar a ruta/Foto: Carlos G. Hervella
Collendo as entradas para comezar a ruta/Foto: Carlos G. Hervella
Asistentes á ruta diante dunha cova/Foto: Carlos G. Hervella
Asistentes á ruta diante dunha cova/Foto: Carlos G. Hervella
Posando nun momento do percorrido/Foto: Carlos G. Hervella
Posando nun momento do percorrido/Foto: Carlos G. Hervella
Un grupo de amigos na ruta/Foto: Ángeles Rodríguez
Un grupo de amigos na ruta/Foto: Ángeles Rodríguez

Cunca en man, pano de cor verde ao pescozo e coas camisetas máis divertidas, a xente foise achegando a XVIII edición da Festa das Covas de Vilamartín. Era tempo de divertirse, e a pequena localidade valdeorresa agardaba aos visitantes chea de luces, bo ambiente e máis de corenta covas coas súas portas abertas.

A celebración está marcada en vermello no calendario da mocidade da comarca, pero tamén é unha data sinalada para moitas persoas doutras comunidades amantes dos viños e a comida de Galiza. É o caso de Adelaida, natural de Barcelona, que asegura vir a “unha festa xenial chea de xente encantadora”. Castela e León, unha das comunidades veciñas tamén tivo gran representación neste evento. “É unha festa espectacular!”, aseguraba a salmantina Natalia. O vallisoletano Roberto tamén quedou abraiado da beleza da terras galegas e “espera repetir o próximo ano”.

Chegadas as doce da noite, e a ritmo de tambor, a xente desprazouse á Rodeleira para seguir empapándose do ambiente amigable e festivo do pobo grazas á Orquestra Fénix.

María Jesusa Candal, alcaldesa de Vilamartín, asegurou que “as covas atraen a máis de 5000 persoas cada ano, axudando a potenciar o turismo e a hostalaría” e anima a todo o mundo a que disfrute do “bo viño de Valdeorras”. Así mesmo, Antonio Aguarón, jefe da Área de Turismo en Ourense, cre imprescindibles estas festas para “manter as tradicións populares galegas” e recalca que “Galicia ten moito que mostrar”.

Dende a organización, Tito, tesoureiro da Asociación Cultural de Coveiros de Vilamartín, mostrouse satisfeito polo transcurso da festa e afluencia de xente que, cada ano, inclúe a máis persoas de todos os puntos da xeografía española. Nesta edición foron 4.200.

Texto: Miguel Gómez Longo

Bailando durante a festa das covas/Foto: Carlos G. Hervella
Bailando durante a festa das covas/Foto: Carlos G. Hervella
A festa incluía atraccións/Foto: Carlos G. Hervella
A festa incluía atraccións/Foto: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button