En portadaÚltima hora

As crecidas nos ríos ourensáns e as principais festas do mes, entre os contidos do número de xaneiro do Periódico O Sil

Xa está á venda en quioscos e librarías xunto con O Sil Deportivo

Portada do número de xaneiro 2020 do Periódico O Sil.

 

As continuas e intensas borrascas que afectaron a Ourense no mes decembro de 2019 facían medrar de maneira considerable os caudais dos ríos na provincia, deixando imaxes impresionantes das riadas e dos encoros desaugando, ademais de cifras realmente significativas como os 1.200 m3/s do Sil no Barco de Valdeorras, onde chegou a subir por riba dos 10 m; ou os 3.490 m3/s do Miño en Ourense. Trátase dos segundos valores máis altos dende o ano 2000, segundo confirma a Confederación Hidrográfica Miño-Sil. Esta subida dos cauces provocou desbordamentos en certos puntos, entre outros incidentes, e deixaba os encoros da provincia ao 90% da súa capacidade.

 

 

Sobre as enchentes dos ríos, e en especial do Sil e do Miño, incluíndo datos da reserva hidráulica desta conca desglosados por encoros e tamén da reserva nacional, afonda o tema de En Portada co que o Periódico O Sil enceta o número de xaneiro e tamén o 2020. Un número de 40 páxinas no que se tratan outros temas, incluíndo ademais un percorrido polas principais festas gastronómicas e patronais do mes de xaneiro.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close