As danzas e sons do mundo chegan este martes á Pobra de Trives

O patio de Santa Leonor acollerá as XXXV Xornadas de Folclore a partires das 22:30h.

Unha das actuación do ano pasado no Barco de Valdeorras. /Foto: Carlos G. Hervella.

O vindeiro luns día 6 de agosto, inícianse as XXXV Xornadas de Folclore que levarán a música e o baile procedente de diferentes países do mundo pola provincia de Ourense. A gala de presentación será ese mesmo día no Teatro Principal e a seguinte data será xa no oriente ourensán.

Bande e A Pobra de Trives son este ano os concellos que abren as xornadas. Así, o martes 7 de agosto, o patio de Santa Leonor de Trives acollerá, a partires das 22:30h.,as actuacións de tres países: Colombia coa Compañía Artística Danzar procedente da cidade de Cali; Ucraína, representada polo grupo Poltava Ensemble of Song, Music and Dance, chegado dende a cidade de Regina; e Tahití co grupo Hei Show Tamure, procedente da cidade de Toulon.

As xornadas recalarán en Manzaneda ao día seguinte, no Barco de Valdeorras o día 9, na Rúa o 10 e en Viana do Bolo o 12.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies