EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

As DD.OO. do viño reúnense coa conselleira do Medio Rural

Este departamento destinará 1,7 millóns de euros ás cinco denominacións vitivinícolas galegas
Os representantes dos consellos reguladores do viño, coa conselleira do Medio Rural.
Os representantes dos consellos reguladores do viño, coa conselleira do Medio Rural.

Representantes das denominacións de orixe vitivinícolas de Galicia, entre as que estaban as ourensás, mantiñan un encontro na mañá do 17 de novembro coa conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, en Santiago. Esta reunión que servía “para reforzar as liñas de colaboración entre a Administración autonómica e as DD.OO. en materia de ordenación, fomento e promoción dos viños galegos”, tal e como se informaba dende Medio Rural. Tamén lles explicaba que este departamento vai achegar no 2015 un total 1,7 millóns de euros ás cinco denominacións en concepto de axudas para a promoción da calidade agroalimentaria. Estes fondos destínanse a financiar os gastos de funcionamento dos consellos reguladores, a actividades de promoción que levan a cabo e a programas de control da calidade agroalimentaria.

Un dos momentos da reunión.
Un dos momentos da reunión.

No decurso do encontro Ángeles Vázquez, que estivo acompañada pola directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo; adiantaba que o seu departamento vai incrementar no 2016 nun 12% os orzamentos dedicados a apoiar o traballo dos consellos reguladores de todas as denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas galegas. Así, nas contas destínanse un total de 3,4 millóns de euros a este fin, fronte aos 3,04 millóns de 2015, segundo se indica dende Medio Rural.

A conselleira do Medio Rural salientaba tamén os datos económicos das cinco denominacións de orixe de viño de Galicia (Ribeiro, Valdeorras, Ribeira Sacra, Rías Baixas e Monterrei) e matizaba que no 2014 xeraban un valor económico estimado en 153,8 millóns de euros, cunha produción de viño cualificado que acadou os 34,9 millóns de litros.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close