EconomíaEconomíaViticultura

As denominacións de orixe ourensás de viño, na campaña “5 Galegas en Madrid”

 

Valdeorras, Ribeiro, Monterrei, Ribeira Sacra e Rías Baixas teñen sido as protagonistas dun evento promocional na tenda en Madrid de Lavinia, especializada en viños e destilados. Trátase da campaña “5 Galegas en Madrid” que busca impulsar a consolidación da comunidade galega como destino turístico de calidade a visitar durante todo o ano. “As denominacións condensan o mellor de Galicia, un destino de calidade que non deixa de crecer”, aseguraba no acto a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.

Tras a presentación en Galicia en agosto, a campaña chega agora a Madrid e finalizará o próximo lunes 9 de outubro. Na zona restaurante de Lavinia ofrecerase un menú e un tapeo galego diario durante a campaña. Turismo de Galicia disporá además dun punto de información turística no que se ofrecerán detalles das denominaciones de orixen e dos destinos.

 

 

“Os conceptos “denominación de orixe” e “apellation d’origine” son dous termos femininos en castelán e francés, aspecto que ten impulsado tamén que a campaña teña en “Cinq galiciennes à París” a súa réplica en Francia, que comenzará o 12 de outubro e finalizará o 15 de novembre”, segundo adiantan os seus responsables.

Ademais de Nava Castro, no acto celebrado en Madrid participaban, entre outras autoridades, Matilde Asian, da Secretaría de Estado de Turismo, e Ana Pastor, presidenta do Congreso dos Deputados, ademais de responsables dos consellos reguladores galegos como o presidente da D.O. Valdeorras, Xosé Luis García Pando.

Imaxe da campaña no exterior de Lavinia, en Madrid.

 

Artigos relacionados

Back to top button