EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

As denominacións de orixe ourensás, en Alimentaria 2014

Este certame, que se desenvolvía entre o 31 de marzo e o 3 de abril, tiña lugar en Barcelona
Expositor da D.O. Valdeorras.
Expositor da D.O. Valdeorras.
Stand da D.O. Monterrei.
Stand da D.O. Monterrei.
Expositor da D.O. Ribeiro en Alimentaria.
Expositor da D.O. Ribeiro en Alimentaria.

Con satisfacción pechaban as denominacións de orixe ourensás a súa participación en Alimentaria 2014, un certame de referencia a nivel español, que tiña lugar entre os días 31 de marzo e 3 de abril en Barcelona.

Para algunhas denominacións ourensás, como é o caso de Valdeorras, é unha cita que acostuma estar na súa axenda promocional e que nesta edición calificaba de “éxito”. Na súa zona expositiva estiveron ao redor de vinte marcas de viños valdeorresas. En cambio para outras, como a D.O. Monterrei, era a súa primeira participación con stand propio. Nel estiveron tamén presentes catro adegas. Monterrei valoraba a experiencia de maneira moi positiva.

Dende a D.O. Ribeiro considérase asemade que este evento “constitúe unha importante oportunidade de promoción e de expansión para as adegas do Ribeiro que, como en anteriores edicións, participan como expositoras no pavillón dedicado ao viño, INTERVIN”, din dende o consello. Desta volta asistiron oito adegas e promocionáronse 40 marcas de viños (brancos, tintos e tostados).

Asemade en Alimentaria estivo a D.O. Ribeira Sacra acudía cun expositor no que estiveron nove adegas.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button