PolíticaÚltima hora

As eleccións galegas serán o 5 de abril, igual que as vascas

O anuncio facíao o presidente galego tras un Consello da Xunta extraordinario

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, comparece ante os medios tras presidir a reunión do Consello da Xunta. Edificio Administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, 10/02/20

 

A cidadanía galega terá unha nova cita coas urnas o vindeiro 5 de abril. Nesta xornada celebranse as eleccións autonómicas, coincidindo así coas vascas. O anuncio vén de facelo esta tarde de 10 de febreiro o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez, tras a celebración dunha reunión extraordinaria do Consello da Xunta.

“Quero comunicarlles que, tal e como recolle a lexislación autonómica para as competencias exclusivas do presidente da Xunta… veño de reunir ao goberno de Galicia para informarlles de que hoxe mesmo asinarei o decreto de convocatoria de eleccións autonómicas”, dicía Núñez Feijóo ao anuncio da súa intervención.

Unha convocatoria electoral que coincide coa das eleccións vascas. “Como en 2009, en 2012 e en 2016 (e como era previsible que sucedese) as eleccións autonómicas de Galicia en 2020 será ao tempo que no País Vasco. Todos os galegos quedan convocados para votar o 5 de abril e para que elixan ao Parlamento de Galicia e del sairá o presidente da Xunta e, posteriomente, o goberno de Galicia”, engadía o presidente galego.

Feijóo considera que “Galicia achega responsabilidade, seriedade e estabilidade ao conxunto de España, sexan cales sexan as circunstancias que se viven no conxunto da nación, nós levamos achegando estabilidade e seguridade á mesma. Isto intentámolo facer cada día da lexislatura desde o principio ata o último día que comezou en setembro de 2016. Estes principios e obxectivos, por coherencia, inspiran a decisión sobre a data das eleccións”.

As reaccións

PSdeG-PSOE

Ás reaccións a este anuncio non se facían esperar. Así o secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, aseguraba que a confirmación de que as eleccións galegas coincidirán coas vascas é a confirmación de que “Euskadi marca a axenda de Feijóo, que amosa que non ten palabra despois de dicir que “non había motivos”  para adiantar os comicios”.

Ademais, o candidato socialista á presidencia da Xunta atribuíu a decisión de Feijóo de chamar ás urnas o 5 de abril a que “ten un proxecto agónico, que só dá prroblemas. Está admitindo que Galicia non pode soportar a agonía dun goberno sumido na inacción e na apatía”, dicía.

 

 

Pola súa banda, Gonzalo Caballero asegurou que “nós estamos preparados para darlle a Galicia o cambio de goberno que necesita”. “Imos falar coa Galicia real: a que sofre as consecuencias dos recortes de Feijóo nos servizos públicos e a que padece a falta de oportunidades que nos deixa en Galicia”, concluíu.

BNG

Dende o BNG, a viceportavoz parlamentaria, Olalla Rodil, destacou que a formación nacionalista está preparada porque xa tivo en conta a posibilidade dunhas eleccións anticipadas. “Como dixemos ao longo destes días, canto antes mellor, porque sen dúbida o 5 de abril os galegos van poñer fin a década de desfeita dun Feixóo que deixa unha Galiza peor da que atopou, convencidos no Bloque de que van aproveitar as urnas para abrir un tempo novo que o BNG aspira a liderar, porque temos un proxecto sólido a favor do país e un liderado claro coa candidata de Ana Pontón”, resaltou Rodil.

 

 

O BNG, concluía, “ten os deberes feitos”, -reiterou-, e ve as eleccións como unha oportunidade de pechar o “década negra” do Goberno Feixóo, -esgotado e fracasado-, e abrir un tempo novo “que aspiramos a liderar porque temos un proxecto capaz de mellorar a vida das persoas e temos a Ana Pontón encabezando ese proxecto como líder máis valorada”.

En Marea

Para o voceiro de En Marea, Luís Villares, a lexislatura “remata cun presidente da Xunta deixando que os demais lle marquen o paso, xusto como fixo todo o resto da lexislatura”. Nese senso engadía que “tivo que ser o Partido Nacionalista Vasco quen decidise a data das eleccións en Galicia sen que o presidente fixese uso da soberanía dos galegos”. Esta decisión de Feijóo de adiantar as eleccións xunto coa vascas explica moi ben “a dinámica da política o presidente da Xunta, condicionado sempre por dinámicas externas”.

Luís Villares considera que está moi claro que está chegando un tempo de cambio a Galicia. “Onte vimos como a cidadanía de Galicia saíu a derrotar na rúa a política sanitaria de Feijóo, rexeitando frontalmente os recortes e as políticas de privatización da sanidade pública”. Villares sinalou que En Marea “celebra que a cidadanía teña a palabra para facer nas eleccións o mesmo que fixo na rúa e abrir o vindeiro 5 de abril unha primavera para a cidadanía galega”.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close