DeportesÚltima hora

As eliminatorias do campionato de Galicia de boxeo promesas dispútanse en Ourense

Este evento deportivo terá lugar mañá, 19 de outubro, a partir das 20h. no Pazo dos Deportes Paco Paz

O campión galego júnior Yago Outeiriño (esquerda) competirá en Ourense.

 

Mañá sábado, 19 de outubro, celebraranse no anexo do Pazo dos Deportes Paco Paz as eliminatorias do campionato de Galicia de boxeo promesas.

Trátase dunha proba deportiva que reunirá a deportistas de Ourense, Vigo, Santiago de Compostela, Marín, Noia e Salceda de Caselas, para protagonizar oito combates do autonómico. Ademais competirá o recente campión galego junior Yago Outeiriño do Club Olimpos e reaparecerá despois dun ano Manuel Jiménez “Nono”.

A velada comezará ás 20 horas e o prezo das entradas será de 10 euros, estando habilitadas un total de 250 prazas.

 

Artigos relacionados

Back to top button