EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

As enfermidades da vide ou a xestión dos libros de campo, nunhas xornadas na Rúa

Serán organizadas do 25 ao 27 de abril pola Asociación Agraria de Galicia na cooperativa
Viñedo.

Dende o vindeiro xoves 25 ata o sábado 27 de abril, a Asociación Agraria de Galicia organizará unhas xornadas sobre viticultura na Rúa. Desenvolveranse na sala de reunións da Cooperativa Virxe das Viñas, a partir das 16:30 horas.

Durante esas tres tardes un grupo de expertos analizarán algún dos problemas que máis preocupan aos viticultores. “Entre outros temas, abordaranse as enfermedades máis perigosas para as vides, os tratamentos máis efectivos á hora de prever ou combatir as plagas, a utilización das novas tecnoloxías para o análise das variables atmosféricas, ou a xestión da documentación obrigatoria, como é o caso dos libros de campo”, segundo a organización.

O curso é gratuíto, grazas á financiación dos fondos FEADER, ata completar o aforo máximo. Tódolos interesados en acudir poden inscribirse na Cooperativa da Rúa ou no teléfono da Asociación Agraria de Galicia en Valdeorras: 696 943 254.

Esta iniciativa enmárcase dento das accións formativas promovidas polo Fondo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).

Artigos relacionados

Back to top button