OurenseÚltima hora

As entidades e asociacións ourensás xa poden presentar as súas propostas para o Premio Clara Campoamor

O Consello Municipal de Igualdade e a Comisión Contra a Violencia de Xénero de Ourense aúnan o traballo para os actos do Día da Muller
Xuntanza do Consello Municipal de Igualdade.

O Consello Municipal de Igualdade e a Comisión contra a Violencia de Xénero do Concello de Ourense mantiveron senda xuntanzas coa fin de “aunar esforzos e coordinación” para articular os actos conmemorativos do Día da Muller.

Ademais, abriuse o prazo para que as entidades, organismos e asociacións que así o desexen poidan presentar as súas propostas documentadas para o Premio Clara Campoamor 2018.

Como novidade, incorpóranse á Comisión de Violencia de Xénero as concellerías de Educación, Sanidade e Servizos Sociais, co obxectivo de artellar unha maior transversalidade nas políticas deste eido.

A concelleira de Igualdade, Sofía Godoy, sinalou que “o noso afán é mellorar a coordinación entre os diferentes servizos e organismos, pois todas temos pleno convencemento de que a Igualdade é a cousa de todas e todos”.

Artigos relacionados

Back to top button