ConcellosÚltima hora

As entradas da 50 Festa da Androlla de Viana poranse á venda o 4 de febreiro

Poderán retirarse nas dependencias do Concello e o seu prezo será de 17 euros

Imaxe dunha edición anterior da L Festa da Androlla de Viana./ Foto: Ángeles Rodríguez.

 

Ademais dos fulións e dos Boteiros que toman as rúas de Viana do Bolo cada Domingo Gordo, hai outro referente moi especial nesta xornada: a Festa da Androlla. Esta cita gastronómica cumprirá o vindeiro 23 de febreiro 50 edicións. Celebrarase a partir das 15h. no pavillón polideportivo vianés.

Segundo vén de anunciar o Concello de Viana do Bolo, as entradas desta festa poranse á venda entre os días 4 e 20 de febreiro, ambos incluídos, a un prezo de 17 euros. “Todas as persoas interesadas en asistir ao banquete poderán retirar a correspondente entrada nas dependencias municipais neses días”, segundo o Concello de Viana do Bolo.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close